RESUMO

A Nosa Terra
n. 43 ( 22/ 12/ 1978)

As páxinas de maior relevancia deste número repártense entre a reportaxe de apertura, que examina o funcionamento do Servizo de Acción Formativa e Promoción Profesional Obreira (SAF-PPO), e as páxinas centrais, nas que se presentan a figura do frade Emilio Graña, expulsado do Colexio Paúl dos Milagros de Ourense como represalia por defender unha educación galeguizadora e popular. Entre o resto de contidos pódense destacar unha compilación das fotografías máis representativas do ano; unha entrevista ao acibecheiro Enrique Meyer; unha crónica desde Catalunya sobre as discusións parlamentarias arredor do anteproxecto do Estatut; ou unha análise da política exterior norteamericana ante a previsión de que se restablezan as relacións diplomáticas entre Estados Unidos e China.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 4, 10]