RESUMO

A Nosa Terra
n. 44 ( 29/ 12/ 1978)

Xunto ao repaso dos principais acontecementos publicados durante o primeiro ano de existencia de A Nosa Terra, ao que se lle dedican dúas páxinas, este número presta unha atención especial á folga do sector do metal da provincia da Coruña. Outras pezas relevantes son unha entrevista a Manuel María; o balance político anual realizado polos correspondentes do semanario en Euskadi, Catalunya e Madrid; ou unha análise das consecuencias económicas da suba do prezo do petróleo acordado pola OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]