RESUMO

A Nosa Terra
n. 46 ( 19/ 1/ 1979)

A reporte central do número, protagonista da ilustración que ocupa a primeira plana, realiza un percorrido pola historia do mosteiro de Samos desde a súa fundación até a decadencia dos anos setenta. As páxinas de apertura, por outra banda, analizan a "falsa industrialización" de Galicia a partir do caso do polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). Entre os demais temas abordados, pódese resaltar a peza informativa sobre ás sancións aos promotores da campaña "Idioma Galega, Idioma Oficial", da Fronte Cultural da Asemblea Nacional-Popular Galega, polos actos realizados en Ourense; a entrevista a Moncho Valcarce; ou a segunda entrega da serie de cinco artigos sobre as abellas.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10]