RESUMO

A Nosa Terra
n. 48 ( 2/ 2/ 1979)

A reportaxe central do número analiza, desde unha perspectiva crítica, o enfoque e o contido do proxecto de lei para a legalización do divorcio. Xunto con este tema, outras das pezas salientadas en portada abordan a cronoloxía das irregularidades que rodean a construción dun encoro en Vilagudín (Ordes) por parte de FENOSA e denuncian os actos fascista que están a ter lugar nas rúas de Santiago. Tamén se adianta a cuarta entrega da serie de cinco artigos sobre as abellas.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 4, 6, 7, 8, 10, 11]