RESUMO

A Nosa Terra
n. 49 ( 9/ 2/ 1979)

Con motivo da celebración das eleccións xerais do 1 de marzo de 1979, A Nosa Terra ofrece, nunha das pezas destacadas do número, unha análise das principais candidaturas que se presentan en Galicia. Outros dos contidos relevantes son os paros realizados polo persoal de banca en Galicia, aos que se lle dedican as páxinas de apertura; a entrevista ao científico Francisco Díaz-Fierros; ou unha crónica da actualidade política catalá centrada no enfrontamento entre o Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC) e o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 4, 6, 7, 9,10,11, 12]