RESUMO

A Nosa Terra
n. 50 ( 16/ 2/ 1979)

A peza principal do número, ilustrada en portada baixo o título "Servirllle de negreiro ao Goberno e ao patrón" narra a emigración galega a Guinea a partir do relato de varios dos seus protagonistas. Outros contidos destacables son as crónicas do mitin celebrado do Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG), en Vigo, e de Unidade Galega, na Coruña, como parte da campaña electoral das eleccións xerais do 1 de marzo de 1979; a entrevista a Carlos G. Martínez, secretario do Museo do Pobo Galego e da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Padre Sarmiento; ou a quinta e última entega da serie sobre a abella, neste caso centrada na súa importancia económica.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12]