RESUMO

A Nosa Terra
n. 51 ( 23/ 2/ 1979)

Malia que tanto a portada como varias pezas en páxinas interiores teñen como fío condutor a celebración do entroido, a reportaxe central do número presenta a figura do xornalista e escritor Felipe Fernández Armesto, tamén coñecido como Augusto Aussía. O outro tema adiantado en portada baixo o título "Os terremotos: a visita que ninguén agardaba" ofrece nas páxinas de apertura algunhas hipóteses sobre a orixe da serie de sismos rexistrados en territorio galego nun período curto de tempo.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14]