RESUMO

A Nosa Terra
n. 52 ( 2/ 3/ 1979)

A loita dos mariñeiros de Celeiro, que reclaman aos armadores o respecto e a mellora do marco legal vixente no tocante ás súas condicións laborais, protagoniza a peza central deste número. Outros dos contidos relevantes que podemos atopar nel son unha radiografía da folga do metal da provincia de Pontevedra; un retrato da rede caciquil encabezada, segundo a veciñanza de Ramirás (Ourense), pola alcaldesa do municipio; unha ampla entrevista a Patricio Dobles, membro da Fronte Sandinista de Liberación Nacional; e dúas pezas de análise da guerra vietnamita-chinesa.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 4, 15, 16]