RESUMO

A Nosa Terra
n. 54 ( 16/ 3/ 1979)

A reportaxe central, á que se lle dedica o titular e a fotografía de portada, examina as consecuencias da aplicación das 200 millas de augas xurisdicionais para a frota galega que pesca en caladoiros portugueses. Ademais, neste número o semanario tamén denuncia a especulación que subxace á operación inmobiliaria da empresa PROGINSA (Promotora Gallega Inmobiliaria S.A.) para construír unha urbanización de luxo en Ourense; dá espazo á carta na que dous reclusos da Prisión Provincial da Coruña denuncian a súa situación penal; presta atención ao peche da factoría de Vidrios de la Florida en Vigo; e entrevista a Xosé Paz, membro fundador do Instituto Sociopedagóxico Galego e presidente da Federación Galega de Cineclubs.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]