RESUMO

A Nosa Terra
n. 55 ( 23/ 3/ 1979)

A partir do sucedido no concello de Trasmirás (Ourense), a reportaxe central deste número analiza as irregularidades existentes na política de concentración parcelaria, á que se critica tanto por ser concibida desde criterios alleos ás necesidades do agro galego como pola existencia de corruptelas e presións caciquís na súa aplicación. Outros contidos tamén avanzados en portada son unha análise da alta sinistralidade viaria rexistrada na provincia da Coruña; unha peza dedicada a describir o poder da familia Pereiro no concello de Monterroso (Lugo); unha reportaxe sobre o "irracional crecemento"de Vigo; e unha valoración da sinatura do Tratado de Paz entre Israel e Exipto anunciada para o 26 de marzo de 1979.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 10]