RESUMO

A Nosa Terra
n. 56 ( 30/ 3/ 1979)

A principal reportaxe do número relata, a partir das investigacións realizadas por un xornalista de Radio Lugo, as hipóteses en torno ás actividades realizadas na Base Militar de Campelo, situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Sobrado (A Coruña), á que se responsabiliza de provocar sismos, explosións e radioactividade na zona. As páxinas de apertura, por outra banda, recollen as posturas das distintas coalicións e partidos con candidaturas en Santiago para as eleccións municipais do 3 de abril de 1979 ante unha serie de preguntas formuladas por A Nosa Terra. Outros contidos salientados na primera plana refírense á folga da patronal do ensino privado; á denuncia das práctica corruptas da corporación municipal de Ourense realizada por un ex funcionario do concello; e á sinatura do Tratado de Paz entre Exipto e Israel.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 12]