RESUMO

A Nosa Terra
n. 57 ( 6/ 4/ 1979)

Xunto coas tres páxinas destinadas a ofrecer unha breve análise dos resultados das eleccións municipais do 3 de abril de 1979, neste número destaca unha reportaxe titulada "As `putas da guerra´", centrada nos mercenarios contratados polas potencias europeas para combater aos gobernos revolucionarios e progresistas de África. Entre o resto de contidos, pódese salientar unha argumentación sobre a perigosidade das centrais nucleares; unha peza que denuncia o aproveitamento illícito de viveiros muxiáns de peixes por parte de bous vascos; e unha anális que sintetiza os principais datos do accidente na central nuclear de Three Mile Island (Pennsylvanisa, Estados Unidos).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 9]