RESUMO

A Nosa Terra
n. 58 ( 20/ 4/ 1979)

Coincidindo coa celebración do Aberri Eguna, do que se inclúe unha crónica, a peza central do número denuncia a represión política e policial do Estado en Euskadi a partir do relato como vítima de torturas do membro de ETA Silvestre Goikoetxea, alias "Xiker". Outras das pezas adiantadas en portada son unha crónica das negociacións para a conformación de máis de 20 corporacións municipais entre Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG), Unidade Galega (UG), PSOE e Partido Comunista (PC); unha reportaxe que rescata a historia dos Mártires de Carral; e unha conversa con Luís Seoane.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]