RESUMO

A Nosa Terra
n. 59 ( 27/ 4/ 1979)

As páxinas centrais deste número constitúen un retrato da historia do contrabando na Raia Seca. Ademais, préstase atención á conformación das corporacións municipais xurdidas dos comicios de abril de 1979, logo das negociacións entre os partidos naqueles concellos nos que se precisaban acordos para gobernar; infórmase da praga de típulas que afecta ás pradarías da provincia de Lugo; ofrécese unha crónica previa á celebración do Primeiro de Maio na que se recollen os actos previstos polos principais sindicatos en Galicia; e relátase o conflito da veciñanza de Dodro cunha empresa madeireira á que acusan de cortar piñeiros nun monte en man común.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 9, 10, 11]