RESUMO

A Nosa Terra
n. 61 ( 11/ 5/ 1979)

Xunto ás seccións habituais, este número inclúe un monográfico especial co gallo do Día das Letras Galegas de sete páxinas. Nelas destaca a publicación dun debuxo inédito de Castelao pertencente á serie Cousas da vida; unha peza na que se contrapoñen as actividades do "movemento cultural nacional galego" e os actos oficiais de celebración organizados pola Real Academia Galega; un artigo de opinión de Francisco Rodríguez sobre a "filosofía lingüística" da Constitución española; dous relatos presentados ao concurso infantil impulsado polo semanario con motivo da festividade; e unha conversa co escritor Ánxel Fole.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 12, 13]