RESUMO

A Nosa Terra
n. 62 ( 18/ 5/ 1979)

Unha reportaxe sobre a ameaza de construción do encoro de Sela no río Miño, ao seu paso polo concello de As Neves (Pontevedra), ocupa as páxinas centrais do número. Nel dedícase, ademais, especial atención a alertar sobre os riscos atómicos a través dun artigo que expón os perigos e altos custos medioambientais e socioeconómicos que suporía a instalación da central nuclear de Xove proxectada por FENOSA; dunha análise dos programas nucleares de Alemaña Federal e Estados Unidos; e dunha conversa con Gonzalo Lerroque, membro da Comisión de Defensa dunha Costa Vasca non Nuclear. Outros contidos relevantes do número, destacados en portada, son unha análise do Plan de Ordenación Territorial da Xunta e unha reportaxe que indaga a relación entre a posible entrada de España na OTAN e a instalación dun radar de uso militar no monte Iroite, no Barbanza.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]