RESUMO

A Nosa Terra
n. 63 ( 25/ 5/ 1979)

A peza central, protagonista da ilustración de portada, retoma un tema xa tratado no número 38 do semanario para denunciar a operación especulativa que agocharía a intención do INI (Instituto Nacional de Industria) de recalificar os terreos industriais ocupados polo matadoiro FRIGSA-Carcesa de Lugo en zona edificable como primeiro paso para a posterior privatizacións das accións públicas da empresa. Outras das pezas tamén adiantadas na primeira plana informan da folga no transporte por estrada, tanto de mercancías coma de viaxeiros, na provincia de Pontevedra; sintetizan os principais actos impulsados pola Fronte Cultural da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) para festexar o Día das Letras Galegas de 1979; e ofrecen unha reportaxe gráfica das mobilizacións contra a instalación dunha central nuclear en Xove (Lugo).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]