RESUMO

A Nosa Terra
n. 64 ( 1/ 6/ 1979)

A raíz da confesión dun membro das xuventudes de Fuerza Nueva de Lugo dos actos violentos cometidos pola súa organización, logo de ser retido por militantes nacionalistas, a reportaxe central do número denuncia as accións fascistas do partido na cidade, identificando aos seus membros. Tamén de relevancia resultan o perfil sobre Xosé Quiroga Suárez, proposto por UCD para candidatarse á presidencia da Xunta; a entrevista a Gonzalo de la Hurga, xuíz de primeira instancia en Lugo; dúas pezas centradas na análise da "desfeita" do patrimonio natural galego e nas causas da destrución mediambiental que ameaza o futuro do planeta; e a radiografía dos negocios fraudulentos de Juan de la Cierva y Hoces.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]