RESUMO

A Nosa Terra
n. 65 ( 8/ 6/ 1979)

A peza central do número, protagonista da fotografía de portada, realiza un repaso pola cronoloxía da loita popular na defensa da marisma de Baldaio logo de coñecerse o auto de procesamento que reclama 22 millóns de pesetas a unha ducia de veciñas e veciños, acusados de varios delitos por causar desperfectos na empresa areeira Baldayo S.L. Entre o resto de pezas pódese sinalar un informe que analiza o sistema de asistencia sanitaria da provincia de Pontevedra e unha reportaxe que denuncia o negocio fraudulento da compañía Home and Family (HFP).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]