RESUMO

A Nosa Terra
n. 66 ( 15/ 6/ 1979)

Xunto ás seccións habituais, entre cuxos contidos destaca unha análise da situación do sector naval, este número inclúe un "especial vacacións" de oito páxinas con propostas de excursións e actividades para coñecer Galicia. Nelas pódense atopar roteiros pola provincia de Ourense, a Terra Chá e as Rías Altas así como polas termas e balneiros do país; unha pequena análise da orixe antropolóxica das romarías e festas populares; un breve percorrido pola historia das guías turísticas de Galicia; unha análise do rol dos museos e da política cultural que rexe aos existentes no noso país; e unha reportaxe sobre o negocio das axencias de viaxes.