RESUMO

A Nosa Terra
n. 67 ( 22/ 6/ 1979)

Neste número a peza central, inserta nas páxinas da sección de novas do territorio estatal, denuncia a represión do Estado español contra o movemento independentista catalán despois de que o 4 de marzo de 1979 se producira a detención dalgúns dos seus membro máis destacados baixo a acusación de pertencer ao Exèrcit Popular Catalá. Outro tema relevante, xa abordado no número 54 do semanario, profunda na operación inmobiliaria que proxecta unha urbanización de luxo en Ourense ao ofrecer información sobre os accionistas de PROGINSA, a empresa impulsora da mesma. Ademais, en portada tamén se destaca unha entrevista a Antonio Rosón, ex presidente da Xunta; e unha reportaxe sobre Iparralda, o País Vasco francés.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 9, 10, 11, 12]