RESUMO

A Nosa Terra
n. 69 ( 6/ 7/ 1979)

Baixo o título "De costas aos santos e en nome da ciencia" a peza central deste número describe algúns fenómenos paranormais estudados pola parapsicoloxía e alude á súa incidencia no noso país a partir de declaracións do director do Centro de Investigacións Psicobiofísicas, "o primeiro legamente existente en Galicia". Xunto a esta reportaxe, o semanario tamén salienta nos seus titulares de portada unha valoración sobre a cooperación pesqueira que armadores españois tentan establecer con Venezuela, Uruguai e México; unha entrevista ao arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo; así como as últimas novidades arredor da venda dos terreos nos que está instalado o matadoiro de FRIGSA en Lugo, un tema xa abordado nos números 38 e 63.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]