RESUMO

A Nosa Terra
n. 70 ( 13/ 7/ 1979)

Neste número, A Nosa Terra dedica a súa portada e as súas páxinas centrais a narrar a historia do derradeiro guerrilleiro antifranquista, Xosé Luís Castro Veiga, alcumado "O Piloto", e da súa compañeira Ramona Curto "Mirelle", entrevistada para a reportaxe. Outras pezas de relevancia ocúpanse do conflito xurdido arredor do transporte marítimo no Morrazo ante a ameaza de que aumente o prezo dos billete dos barcos que atravesan a ría de Vigo; unha crónica sobre a escasa resposta que suscitou a convocatoria de Comisións Obreiras (CC.OO) para rexeitar o proxecto do Estatuto dos Traballadores elaborado polo Goberno da UCD; ou ás entrevistas a Jacques Fontaine, profesor de Literatura Latina na Sorbona e estudoso do priscilianismo, e Xosé Currás González, propietario da empresa BIOMAR S.L.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 9, 12]