RESUMO

A Nosa Terra
n. 71 ( 20/ 7/ 1979)

Xunto coas seccións habituais, este número inclúe un "especial patria galega" de once páxinas con motivo da celebración do 25 de xullo. Os contidos incluídos no monográfico están conformados, ademais de pola previa aos actos conmemorativos e dunha prquena cronoloxía destes ao longo do século XX, por varias tribunas de opinión: a de Franscisco Rodríguez, na que realiza un balance anual do traballo político das organizacións nacionalistas e das súas perspectivas de futuro; a asinada por Xosé R. Barreiro Fernández sobre a utilización do galego nas campañas políticas do século XIX; a titulada "A unidade territorial primaria de Galicia", na que Francisco Carballo analiza a evolución do sistema administrativo galego; a de Manuel María, na que examina a política municipal desde a súa experiencia como concelleiro do BN-PG (Bloque Nacional Popular Galego); a firmada por X.L.Fontenla respecto da evolución dos partidos nacionalistas galegos desde a II República; a centrada no exame do Estatuto dos Traballadores, realizado por Fernando Acuña Rúa; e a análise da loita imperialista no panorama internacional de Pedro Luaces.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 6, 8, 13, 14, 17, 19]