RESUMO

A Nosa Terra
n. 72 ( 27/ 7/ 1979)

Neste número, A Nosa Terra dá espazo na súa portada e páxinas centrais a unha reportaxe gráfica do Día da Patria, complementada na contraportada cunha crónica dos actos de celebración. Outros contidos ofrecidos polo semanario son unha reportaxe sobre os problemas que atravesa o sector viñoteiro no Ribeiro; unha crónica do asulagamento da aldea de Zanfoga (Pedrafita do Cebreiro) provocada por unha riada procedente do embalse da mina de Rubiais; ou unha entrevista a Francisco Pereira de Moura, economista e profesor universitario portugués.