RESUMO

A Nosa Terra
n. 73 ( 14/ 9/ 1979)

A reportaxe principal do número denuncia a represión exercida polas FOP (Forzas de Orde Pública) contra veciñanza de Monforte de Lemos que protestaba polo cobro de entrada para a pista de baile durante as festas patronais da localidade, o 14 de agosto de 1979. Entre o resto de pezas resaltadas en portada están unha peza sobre a celebración de novas eleccións municipais no concello de Lugo, despois de que as realizadas en abril de 1979 foran anuladas na cidade por irregularidades; unha entrevista ao músico nicaragüense Carlos Mejía Godoy; e catro páxinas dedicadas ao Carballiño con motivo dos festexo de San Cibrán.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 8, 10]