RESUMO

A Nosa Terra
n. 75 ( 28/ 9/ 1979)

Baixo o título "Para nós, a crise tanto ten", as páxinas centrais do número analizan a evolución da organización sindical da clase traballadora galega en relación coa incidencia da crise no contexto socioeconómico e as características do sector empresarial do país. No resto de contidos, o semanario aborda, entroutros temas, o desenvolvemento da campaña electoral en Lugo, onde volven celebrarse comicios municipais trala anulación por irregularidades da convocatoria realizada en abril de 1979; e o clima político existente en Catalunya ante a proximidade da celebración do referendo sobre o Estatuto de Autonomía.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]