RESUMO

A Nosa Terra
n. 76 ( 5/ 10/ 1979)

Neste número publícase a segunda entrega da serie de reportaxes que tenta reconstruír a historia da Illa de San Simón como campo de concentración durante a ditadura franquista. Nesta ocasión, as voces testemuñais son as de Xerardo Alonso, ex celador, e Inés Otero Míguez, quen foi costureira no orfanato instalado na illa tralo peche do cárcere. Ademais, o semanario examina os resultados das eleccións municipais celebradas en Lugo o 2 de outubro de 1979 despois de que se anularan por irregularidades os comicios de abril; dá voz ás reivindicacións das forzas políticas e asociacións de veciños de Cervo ante os efectos contaminantes da planta de Alúmina en San Cibrao; e ofrece unha análise do derrocamento do presidente da República Centroafricana Jean-Bédel Bokassa.