RESUMO

A Nosa Terra
n. 78 ( 19/ 10/ 1979)

A reportaxe principal deste número recolle as reivindicacións da veciñanza de Xove pechada na Casa do Concello en protesta pola contaminación por un escape de flúor da factoría de Alúmina-Aluminio de San Cibrao e denuncia a actuación funcional do alcalde aos intereses da empresa. As outras pezas salientadas en portada son unha entrevista a Pedro Luaces, secretario xeral da UPG, e a información que alerta da existencia dun proxecto inmobiliario que prevé a construción dunha urbanización na illa de Cortegada.