RESUMO

A Nosa Terra
n. 79 ( 26/ 10/ 1979)

A reportaxe central do número analiza a presenza española na chamada Comisión Trilateral, "formada por persoeiros escollidos entre a `intelligentsia´ financieira e política de diferentes países capitalistas (...)" que, segundo a A Nosa Terra, funciona como "un organismo de supraplaneamento a nivel mundial". Outra das pezas destacadas en portada é unha crónica do xuízo en Bilbao a once mulleres acusadas de prácticas abortivas.
[Obs. Na versión escaneada están desordenadas as páxinas.]