RESUMO

A Nosa Terra
n. 80 ( 2/ 11/ 1979)

En plena negociación do Estatuto de Autonomía, A Nosa Terra tenta retratar, nunha das pezas centrais do número, o nivel de apoio social en torno ao texto a central a través da recollida das opinións de varios persoeiros e da información obtida nunha pequena enquisa de rúa. Outros dos contidos destacados en portada son a expulsión de seis membros da Irmandade Galega de Caracas; unha crónica da situación política en Catalunya logo da aprobación do Estatut; e unha entrevista a Antonio Álvarez Rodríguez, presidente do Real Club Deportivo da Coruña.