RESUMO

A Nosa Terra
n. 81 ( 9/ 11/ 1979)

A reportaxe central do número denuncia o "feudalismo" da UCD nas provincias de Ourense e Lugo a partir dun retrato das personaxes que exercerían tal control nos distintos sectores económicos e sociais. O resto de pezas destacadas en portada consisten nun exame das ameazas que enfrontan os serradoiros galegos ante a carencia de materia prima causada polo incremento das exportacións de madeira en rolo; nunha entrevista ao boxeador Felipe Rodríguez Piñeiro; e nunha crónica da crise municipal en Fene.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 5, 8, 10, 11]