RESUMO

A Nosa Terra
n. 83 ( 23/ 11/ 1979)

Baixo o título "Portugal: perder ou ganar abril", a principal peza do número ofrece unha crónica da campaña electoral das eleccións lexislativas de decembro no país luso, na que se inclúen as declaracións realizadas á A Nosa Terra por Mario Soares, secretario xeral do Partido Socialista, e por Óscar Lopes, membro do comité central do Partido Comunista de Portugal (PCP) e candidato pola Alianza Pobo Unido (APU). Outros temas, tamén adiantados nos titulares de portada, consisten nunha recapitulación das distintas posturas políticas en torno á elaboración do Estatuto de Autonomía galego; nun artigo informativo sobre a actuación policial contra as mobilizacións estudantís en Santiago; e nunha breve crónica da morte de tres persoas na barriada bilbotarra de Masustegui, á que se lle dedica unha reportaxe no número 33 do semanario ao tratarse dun lugar de asentamento da emigración galega en Euskadi.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 5, 10, 11]