RESUMO

A Nosa Terra
n. 85 ( 7/ 12/ 1979)

Neste número, a reportaxe central, titulada "Hastra que o corpo aguante", retrata a carencia de dereitos e a represión institucional e social que sofren as mulleres que se prostitúen. As outras pezas destacadas en portada son tres crónicas que abordan as mobilizacións convocadas para o 4 de decembro de 1979 en distintas localidades galegas en contra do proxecto de Estatuto elaborado pola Comisión Constitucional; os resultados nas eleccións lexislativas do 4 de decembro en Portugal; e o enfrontamento futbolístico entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 3, 10]