RESUMO

A Nosa Terra
n. 86 ( 14/ 12/ 1979)

Os dous contidos destacados na portada deste número son a peza titulada "O primeiro amamantar", centrada na defensa da lactancia materna, e a reportaxe "Sargadelos, memoria lisa do noso albor industrial", na que se realiza un percorrido pola historia da cerámica desde a súa fundación por Antonio Raimundo Ibáñez no século XIX. Resultan tamén relevantes a entrevista a Lois Diéguez, escritor e membro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG); e a pequena conversa co sociólogo e ecoloxista Pedro Costa Morata sobre os problemas de contaminación xerados por Alúmina na costa luguesa.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 10]