RESUMO

A Nosa Terra
n. 87 ( 21/ 12/ 1979)

As páxinas centrais do número ocúpaas a reportaxe titulada "Emigración, días de retorno", na que, ademais de retratar algunhas das dificultades que enfronta tanto quen marcha como quen ve marchar a alguén próximo, se achegan unha serie de recomendacións a quen desexe regresar a Galicia. As outras pezas sobre as que se chama a atención en portada consisten nunha abordaxe do conflito laboral entre traballadores e patronal da empresa Construcción de Elementos Normalizados (CENSA); unha crónica das manifestacións estudantís en Madrid contra o proxecto de Lei de Autonomía Universitaria; e unha análise da decisión tomada pola OTAN o 12 de decembro de 1979 a prol da "modernización" das armas nucleares dos seus Estados membros.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 10]