RESUMO

A Nosa Terra
n. 90 ( 18/ 1/ 1980)

Neste número A Nosa Terra presta unha especial atención ao sector do mar. Por unha banda, advirte da difícil situación que enfrontaría a pesca galega de aprobarse a reducción de licenzas e cotas de captura proposta pola Comunidade Económica Europea (CEE). Pola outra, dedica as páxinas centrais a unha reportaxe sobre o conflito entre estibadores e armadores da Coruña trala folga convocada en todo o Estado pola OTP (Organización de Traballadores Portuarios) contra a privatización dos portos.