RESUMO

A Nosa Terra
n. 91 ( 25/ 1/ 1980)

A primeira das pezas destacadas en portada consiste nunha compilación das principais demandais sindicais perante o inicio das negociacións dos convenios colectivos para o ano 1980. Porén, as páxinas centrais dedícanse a unha reportaxe sobre o timo a catrocentos emigrantes galegos en Suíza por parte dunha axencia de viaxes que se encargaba de xirarlle os cartos a bancos españois. Outros dos contidos salientados son unha pequena análise da política do Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA) en Galicia; as entrevistas ao xeólogo Isidro Parga Pondal e a Xosé Luis Torrado, preparador físico do Club Baloncesto O.A.R Ferrol, e unha peza que denuncia a infrautilización do Hospital Provincial de Ourense.