RESUMO

A Nosa Terra
n. 92 ( 1/ 2/ 1980)

A reportaxe central analiza o "espolio" das materias primas galegas a partir do caso das canteiras da comarca de Valdeorras. Entre o resto de pezas destacadas en portada está unha análise dos negocios de Estanislao Reverter, piloto de rally e ex deputado de UCD por Ourense; a crónica das mobilizacións do sector do ensino contra a Lei de Autonomía Universitaria, o Estatuto dos Centros Docentes e o Decreto do Bilingüismo; e unha entrevista a Fernando Reboreda Alonso, secretario xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG).