RESUMO

A Nosa Terra
n. 94 ( 15/ 2/ 1980)

As páxinas centrais deste número retoman a reportaxe publicada no número 81 sobre o proceder de UCD nas provincias de Ourense e Lugo para, nesta ocasión, continuar a análise nos territorios da Coruña e Pontevedra. Xunto con esta peza, o resto das destacadas en portada son un exame da situación do transporte aéreo en Galicia e da política municipal no concello de Pontevedra; unha peza informativa sobre o rexeitamento da veciñanza do Barbanza á posible instalación dun radar de control áereo nos montes da comarca para uso da OTAN; un percorrido polas orixes e significados antropolóxicos da celebración do entroido; unha entrevista a Mario López Rico, arquitecto e membro do Partido Socialista Galego (PSG); e unha análise da presenza militar soviética en Afganistán.