RESUMO

A Nosa Terra
n. 95 ( 22/ 2/ 1980)

Neste número son tres as pezas ás que se lle outorga unha maior atención en portada. A primeira delas, titulada "Fábricas de chocolate ou a longa tradición artesanal", ofrece un percorrido pola historia da transformación e comercialización do cacao en Galicia. As outras dúas son un artigo de opinión sobre a política dos Estados Unidos respecto aos países do Índico e unha entrevista ao cantautor catalán Lluís Llach. Ademais, neste número continúase a análise do transporte áreo en Galicia iniciado no número anterior centrando a atención, neste caso, no deficiente estado das infraestruturas aeroportuarias; recóllese o rexeitamento dos armadores galegos aos acordo do Goberno e a Comunidade Económica Europea (CEE) sobre o número de licenzas de pesca para a flota española; e formúlanse interrogantes respecto da medidas de seguridade nos encoros galegos logo de que se producira unha fendedura na presa de Salas.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]