RESUMO

A Nosa Terra
n. 96 ( 29/ 2/ 1980)

As páxinas centrais do número dedícanse a unha reportaxe titulada "A muller no agro. Outra realidade sen nada de seu", na que se dá conta do impacto da desigualdade de xénero nas condicións de vida e traballo femininas na agricultura galega. Outro dos contidos destacados en portada consiste nunha análise do negocio da explotación dos recursos mineiros galegos e da xestión do incendio e posterior afundimento do boque Sil na ría de Vigo; na denuncia contra un mestre dun colexio da Estrada por impartir as súas clases en galego; nunha entrevista a Orlando Guerrero Mayorga, Encargado de Negocios da Embaixada de Nicaragua en España; nunha crónica do xuízo contra os acusados de perpetrar a matanza do despacho laboralista de Atocha de 1977 e nunha conversa co ciclista José Luis Felpete Bao. Ademais, este número inclúe un especial sobre Arzúa con motivo da celebración da festa do queixo da localidade.
[Obs. A partir da páxina 11 do PDF xa non hai correspondencia entre a paxinación orixinal e a da versión escaneada, porque se inclúen catro páxinas dun especial sobre Arzúa. A partir da páxina 15 do PDF continúan os contidos habituais. O especial está incompleto porque a primeira páxina escaneada está numerada como a 5.]