RESUMO

A Nosa Terra
n. 97 ( 7/ 3/ 1980)

A reportaxe central do número, destacada en portada, recolle unha investigación sobre as posibles motivacións políticas da queima da casa parroquial de Cesantes (A Coruña). Outras das pezas salientadas son unha entrevista á guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero Blanco; unha nova sobre o conflito que enfronta ao cadro de persoal do Hospital Psiquiátrico de Conxo cos seus responsables por mor da negociación do novo convenio colectivo; unha cronoloxía da loita do sector siderúrxico ourensán para lograr un convenio provincial; unha pequena reportaxe sobre a chegada de rexufiados laosianos a Lugo; e unha tribuna sobre o panorama político internacional titulada "A nova Guerra Fría".
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]