RESUMO

A Nosa Terra
n. 98 ( 14/ 3/ 1980)

A Nosa Terra dedica as páxinas centrais deste número a unha reportaxe que denuncia a presunta fraude cometida nas eleccións da cronfraría de Fisterra. Xunto a este tema, en portada destácase o conflito existente entre os distintos sindicatos do sector da construción da provincia de Pontevedra despois de que a UGT asinara o convenio coa patronal sen contar co visto bo do resto de centrais; a entrevista ao membro de Herri Batasuna José Luis Álvarez Enparantza, alias "Txillardegi"; unha pequena crónica das mobilizacións labregas contra a política agraria do Goberno; e unha análise do contexto sociopolítico da nova República de Zimbabue despois de que Robert Mugabe vencera nas eleccións xerais celebradas na antiga colonia británica de Rodesia.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]