RESUMO

A Nosa Terra
n. 99 ( 21/ 3/ 1980)

Unha reportaxe sobre a historia do contrabando de gando desde Portugal ocupa as páxinas centrais deste número. Outros contidos destacados son a crónica gráfica da mobilización que se realizou na Estrada en apoio dun mestre represaliado por dar clases en galego; unha crónica do peche de labregos nas sedes das deputacións provinciais para rexeitar a reclamación, por parte da Administración, dos atrasas da Cota Empresarial da Seguridade Social Agraria; a entrevista a Agustín Malvido Broullón, secretario local en Vigo da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (ING); unha crónica do panorama político vasco titulada "O PNV busca o entendemento con Madrid"; e unha análise do triunfo do Partido Liberal liderado por Pierre E. Trudeau nas eleccións celebradas en Canadá. Ademais, inclúense catro páxinas nas que se adiantan os contidos do seguinte número, o cen do semanario; realízase un pequeno balance do traballo xornalístico d´A Nosa Terra tras dous anos de andaina; referéncianse todos os puntos de venda do semanario e, ademais, engádese unha análise da traxectoria de María del Mar Bonet con motivo da súa actuación en Compostela e O Grove.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 11, 13, 15, 19. As páxinas 11, 12, 13 e 14 da versión escaneada non se corresponden coas así paxinadas no exemplar orixinal porque aparecen inseridas catro páxinas dun suplemento. Este aparece, ademais, desordenado. A secuencia correcta das páxinas da versión escaneada debería ser: 13 (primeira do suplemento), 11 (segunda do suplemento), 14 (terceira do suplemento) e 12 (última do suplemento). Na páxina 15 do PDF retómase a orde orixinal de páxinas do número.]