RESUMO

A Nosa Terra
n. 100 ( 26/ 3/ 1980)

Con motivo da publicación do número cen do semanario, A Nosa Terra saíu á rúa o 28 de marzo de 1980 cun especial de 40 páxinas. Entre os contidos das seccións habituais destacan, entroutros, unha compilación das distintas posturas políticas respecto do estado da cuestión autonómica; as entrevistas a Ramón Piñeiro e a Pucho Boedo; unha análise sobre a infraestrutura sanitaria galega; unha reportaxe sobre a represión fascista en Galicia nos primeiros meses do golpe de Estado de 1936, ilustrada por Colmeiro e Seoane; e un exame da xénese do grupo empresarial Barrié. Ademais, inclúense colaboracións de Ricardo Carballo Calero, Bautista Álvarez, Isaac Díaz Pardo, Carlos Almuíña Díaz, Xosé Ramón Barreiro, Cipriano Jiménez, Xose Luis Fontenla, Fernando Acuña Castroviejo, Miguel Pérez Romero, Adela Figueroa, Francisco Carballo, Fernando González Laxe, Xan Carmona, Domingo Prieto, Carlos Durán, María do Carme García Negro, Anselmo López Carrera e Xan Moreno.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 21]