RESUMO

Lúa Nova
n. 1

O número localizado presenta o boletín e estrutúrase en tres seccións: tema de debate, actualidade e sección cultural. Céntrase na primeira Lei do Aborto do período democrático, Lei 9/1985, que non recolle as reivindicacións feministas. Denuncia a falta de posicionamento da Igrexa no caso de violación de Lasarte e ofrece unha nota crítica sobre As dúas irmás de Margarethe von Trotta.