RESUMO

Abrente

Cadrando co 8 de marzo, o editorial dedícase á “economía submerxida” no sector téxtil. Coméntanse as insuficiencias do decreto que regula o servizo doméstico de 1986, as afeccións para as traballadoras da reconversión da industria conserveira pola entrada na Comunidade Económica Europea, e máis a denuncia do despedimento de varias mulleres por cargas familiares e representación sindical. Denúncianse os problemas das garderías e péchase cunha proclama contra a OTAN.