RESUMO

Abrente
n. 2

Cadrando co 1 de maio, o editorial e a contraportada do número piden o voto diante das eleccións sindicais e mais o apoio das traballadoras á Secretaría da Muller da INTG, sinalando nas súas reclamacións, entre outras, o dereito á xubilación, a igualdade salarial, a necesidade de garderías, lavanderías, comedores e odontoloxía, así como o acceso a métodos anticonceptivos e ao aborto. Inclúe a denuncia de irregularidades e precarización nos sectores da limpeza, téxtil, a casa-cuna de Montealegre, e unha fábrica de lápices.