RESUMO

Abrente
n. 4

Cadrando co 8 de marzo, o editorial incide na necesidade un plan galego de emprego sen discriminación para a muller galega. Recolle datos do paro feminino e informa sobre unha cooperativa téxtil creada por mulleres. Ofrécense informes sobre as labregas, os dereitos da muller traballadora e os convenios colectivos. Na valoración das eleccións sindicais, saliéntase a entrada das mulleres nos comités de empresa de grandes compañías, sinálase a discriminación existente á hora de elaborar as listas sindicais e infórmase que a Secretaría colabora no voceiro da INTG O Eixo. Complétase coas habituais denuncias laborais e informacións sobre o XI Congreso Sindical Mundial de Berlin, na República Democrática Alemana.